A Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela vai acoller, o vindeiro 11 de decembro, unha xornada sobre informática social e desenvolvemento urbano-rexional que organiza o Centro de Estudos Euro Rexionais Galiza-Norte de Portugal co apoio da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información. Esta actividade, á que se poderá acudir de balde, ten como obxectivo principal contribuír á divulgación e á sensibilización acerca do valor do coñecemento como alicerce de produción entre a sociedade en xeral no escenario da eurorrexión Galiza-Norte de Portugal.
Ademais de intervir prestixiosos investigadores dos dous países implicados directamente no proxecto, a devandita xornada contará coa intervención de profesionais do resto de Europa como o profesor Patrick Ó Flanagan, da Universidade de Cork, que amosará o panorama da Sociedade da Información e da investigación no sistema irlandés.
O programa completo da xornada, que se desenvolverá pola mañá na sala de xuntas da facultade, pódese consultar detidamente neste PDF.
A USC acolle unha xornada sobre informática social e desenvolvemento urbano-rexional
Compartir Este Artigo

