O vindeiro 21 de decembro ás 20:30 horas, o Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC vai acoller a estrea en primicia da curtametraxe O Hospital, gravada baixo duras condicións no antigo Hospital Xeral de Galicia en Santiago de Compostela na rúa Galeras (ata hai pouco abandonado e agora en fase de rehabilitación).
O Hospital, que foi rodada integramente en galego, narra a historia de catro atracadores que se ven rodeados de fenómenos paranormais nun ambiente visual terrorífico que “deixará ós espectadores cos ollos e a boca abertos”.
A curta, que foi dirixida por Iván Seoane, contou coa colaboración dalgúns actores galegos como Antonio Mourelos, Monti Castiñeiras, Antonio Durán Morris e Jose Barato, así como con un dos grandes técnicos cinematográficos da nosa terra, Enrique Banet.
Estréase en Santiago unha curta de terror rodada nas instalacións do Hospital vello de Galeras
Compartir Este Artigo

