O Consello da Xunta de Galicia dará mañá (venres 28 de decembro) a súa aprobación aos convenios de colaboración entre a Consellaría de Innovación e Industria e as tres universidades galegas para a realización de accións de formación de investigadores e de persoal de apoio á investigación por un valor total de 1,5 millóns de euros.
Os devanditos convenios, que aínda que se aproban nun día un tanto sinalado no calendario de Nadal, non se trata de ningunha inocentada e teñen por obxecto establecer as condicións de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria, a través da dúa Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, e as Universidades de Vigo, A Coruña e Santiago para o cofinanciamento das actuacións de formación de investigadores e de persoal de apoio á investigación desenvolvidas por estas universidade ao longo do ano 2007.
Estas accións enmárcanse dentro do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2006-2010 (INCITE), que constitúe a peza estratéxica de actuación para vertebrar o sistema galego de I+D+I e desenvolver dunha maneira eficaz e completa o potencial investigador e innovador de Galiza, de xeito que repercuta cualitativamente e cuantitativamente no desenvolvemento económico e no benestar social. Neste sentido, o Programa de Recursos Humanos de INCITE ten como propósito definir unha carreira científica que posibilite a formación e consolidación dos investigadores e investigadoras e lles permita a integración estable dentro do sistema galego de I+D+I.
Industria inviste 1,5 millóns de euros na formación de investigadores e persoal de apoio das tres universidades galegas
Compartir Este Artigo

