A web Galicia360.com, que desenvolve a empresa Fotopanorama en colaboración co fotógrafo Ricardo Cambón, vén de estrear (co novo ano) unha versión renovada da antiga páxina con melloras no visionado das imaxes e coa posibilidade de localizar puntos xeográficos grazas á ferramenta GoogleMaps.
Esta nova versión de Galicia360 ofrécelle ós internautas diferentes panorámicas das paisaxes galegas segundo a hora do día na que se faga a procura e permite visionar as mesmas en formato esférico e a pantalla completa.
Asemade, a recén renovada web permite descargar de balde fondos de escritorio e ten á venta pósters e libros de panorámicas de Galicia tan espectaculares como esta do Faro de Fisterra ou esta outra do campanario da Nosa Señora da Guia, dunha dificultade considerable.
Galicia360.com renova a súa web con novas ferramentas
Compartir Este Artigo

