
Trátase das xornadas Contra-Meios, organizadas por Indymedia Galiza e coa colaboración dos Centros Sociais A Revolta e A Cova dos Ratos, Olholivre e Trebelab.
Segundo indican os responsables da xuntanza, a ela están convidadas todas as “indyxenas, cibors, geeks, freaks e persoas do ciberespazo e da bisbarra”. O programa do evento, que aínda ten un aquel de cousa provisional, vai encamiñado a descubrir e divulgar alternativas reais ós sistemas e redes pechadas de desenvolvemento artístico-tecnolóxico. Ou sexa: que do que se trata é de quitar do camiño todo aquilo que obstaculice o acceso do individuo á obra artística, programa, ferramenta tecnolóxica, código, proposta ou ideoloxía.
Este é o bosquexo da listaxe de actividades, que darían comezo o venres 11:
– Venres 11 ás 19:00 na Revolta.
– Palestra, obradoiro: Internet para colectivos a cargo de Trebelab.
– Sábado 12, Deseño e creación multimedia con ferramentas libres…
– Gimp/Inkscape/scribus, achegamento ao deseño gráfico, ás 12:00 no CSA
Cova dos Ratos.
– Xantar popular interactivo CSA Cova dos Ratos.
– Sesión de video sobremesa/sesta: audiovisuais queer 16:00 na Cova dos
Ratos.
– Cinelerra, edición de video a cargo de Olholibre, ás 18:00 na Revolta.
– Xuntanza de Olholibre, ás 21:00 na Revolta.
– Domingo 12 no CSA Cova dos Ratos.
– Encontro haclab difuso galego, ás 13:00.
– Xantar popular interactivo.
– Sesión de video sobremesa/sesta: Á caza de hackers (documental) 16:00
– Encontro aberto Galiza Indymedia ¿interesada en participar? ¡acudide!,
ás 17:00.
– Xuntanza equipa editorial, ás 18:00… boa oportunidade para coller.
novas enerxías.

