O noso compañeiro Javier Penedo (para os que non coñecen a historia da peculiar traxectoria de Código Cero, dicirlles que era o presentador dos informativos da cadea local compostelá, Código TV, do Grupo Código Cero Comunicación, agora renomeada Correo TV) vén de anunciar a creación dun interesante blog de música onde recompila os discos que considera “imprescindibles” para unha boa colección cen por cen apta para melómanos.
No blog Losdiscosdepenedo.blogspot.com, Penedo recomenda albumes que considera que os internautas debemos coñecer ó longo da nosa vida e permite escoitar unha canción de cada un deles, a máis representativa ou a que máis éxito tivera na historia da música baixo o seu criterio.
Este mozo compostelá, que naceu cun micrófono debaixo do brazo, confesa que xa de neno “xogaba á radio” dándolle vida ao locutor máis novo da historia da radio deste país. Sendo adolescente dirixe e presenta, nunha emisora amateur, o seu primeiro programa, Oasis Musical onde queda definitivamente enchufado a este medio. Co tempo colabora en distintas emisoras de música ata que no 2002 crea e dirixe o portal de Internet www.oasismusical.com, con radio en liña propia, máis, sen deixar de lado as colaboracións en diversas revistas musicais e outros medios como a televisión.
No verán de 2003 entra a formar parte do equipo de M80 Radio e, dende entón, é locutor do programa Fórmula M80 con Javier Penedo, un espazo que anima a escoitar pop/rock dos 80, sen esquezar os grandes éxitos dos 70 e os 90.
A intención do seu autor é que Los discos de Penedo se convirta “nunha especie de curruncho onde coñecer discos moi seleccionados”, polo que reclama publicamente a participación de tódolos interesados neste tema, coas súas opinións dos discos que vaian aparecendo na bitácora, creando unha ampla discoteca sen precedentes na Rede.
Losdiscosdepenedo: nova escolma dende Galiza dos imprescindibles da música
Compartir Este Artigo

