Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Congreso I+C servirá para afondar en Santiago nunha profesión que muda a ritmo de vertixe: o xornalismo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

O Congreso I+C servirá para afondar en Santiago nunha profesión que muda a ritmo de vertixe: o xornalismo

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/01/2008
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

O edificio de Xornalismo en Compostela
O edificio de Xornalismo en Compostela
As novas tecnoloxías están a mudar o concepto que temos de certas profesións, e de entre todas, a dos xornalistas é se cadra a que máis estreita vai ligada a esa gran roda que xira a tempo completo que é a Sociedade do Coñecemento. Ou sexa: o que lle pase a esta terá sempre un reflexo no xeito de traballar naqueles, un reflexo-consecuencia. O encontro I+C (do que xa temos falado en anteriores ocasións) quere parar por uns intres a roda e ver ata onde nos levou e ata onde nos vai levar e que consecuencias terá isto para a comunicación e para a sociedade enteira.
Co fin de botar un pouco de luz sobre o terreo que pisamos, en ocasións escuro abondo, vén de botarnos unha man Miguel Túñez, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago e organizador do devandito congreso.
A xuízo de Túñez, a Asociación Española de Investigación da Comunicación que se vai constituír no evento I+C será como un gran observatorio de espazos por coñecer: os espazos sempre suxeitos a cambios (e agora máis que nunca) que afastan ó que fala do que escoita.
-Santiago acolle dentro duns días un congreso (I+C) e a constitución da Asociación Española de Investigación da Comunicación. Por que é preciso informar dos que informan? Son os investigadores da información algo así como os “asuntos internos” dos xornalistas? Ou se cinguen máis ós formatos, canles, vías ou códigos empregados?
-Neste intre, os ámbitos de investigación son complexos e abranguen non só ós formatos, canles, vías e códigos, senón tamén ó propio funcionamento do sistema mediático e as rutinas produtivas dos diferentes actores. Neste senso, consideramos imprescindible reflexionar sobre unha profesión que traballa e se modifica a gran velocidade.
–En definitiva, cales serán os grandes obxectivos da asociación e en que se verá beneficiada a sociedade en xeral (e a galega en particular) a partires do traballo destes profesionais?
-En primeiro lugar, procúrase potenciar a investigación da comunicación dentro da política científica. Ademais, esta asociación tamén xorde co desexo de que sirva ós profesionais para intercambiar ideas, estudos ou experiencia; en resume, facilitar a cooperación e crear redes de intercambio de información entre investigadores.
Outro aspecto que non hai que menosprezar é que a entidade estará constituída coma un actor que representará ós investigadores nos diálogos con outras institucións europeas ou latinoamericanas. Non debemos esquecer que será tamén a que nos represente perante as instancias responsables da política española e europea de Investigación e Desenvolvemento. Por último, gustaríame salientar que é unha asociación na que tamén terán cabida os mozos e mozas investigadores, xa que se promoverán e se apoiarán as súas iniciativas.
-Como está a ser a participación. Nun dos comunicados máis recentes da entidade sinalábase que xa se tiña acadado o compromiso de acudir de máis de 500 especialistas no proceso informativo. Semella que hai moito interese en debater sobre estas temáticas. A que se debe?
-Estamos mo satisfeitos co nivel de participación da comunidade científico. Si, estou de acordo en que hai un gran interese arredor da investigación en medios de comunicación e, ó tratarse dun congreso internacional, moitos investigadores de diversos países interesados en concorrer e propor ós seus últimos avances.
-Poderá a Asociación Española de Investigación da Comunicación traballar por unha información máis respectuosa cos cidadáns ou as entidades ou as empresas sobre as que se informa e/ou ás que se informa? Por poñer un exemplo, pensemos no individuo que no metro de Barcelona abusou dunha inmigrante adolescente e, con posterioridade a estes feitos foi tratado por unha boa parte dos medios (ó asexo de carnada para o morbo) coma un especie de heroe ó que perseguir para darlle ante as cámaras todo o tempo que considerase preciso para expresarse. Poderá a Asociación traballar en contra disto, directa ou indirectamente?
–Non depende de nós o tratamento que se lle dá dende os medios ás novas, pero o que si podemos achegar son perspectivas lúcidas sobre cómo se desenvolveron certos procesos e sobre cómo se informou en certos casos. Trátase de crear un espazo para a reflexión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?