Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Carlo Frabetti defenderá este xoves en Santiago o papel dos medios dixitais alternativos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Carlo Frabetti defenderá este xoves en Santiago o papel dos medios dixitais alternativos

Fernando Sarasketa
Publicado: 26/03/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

carlo_fabretti2.jpg“Estar informado non é só un dereito, senón tamén un deber”. Deste xeito, lanzando dardos cara ós medios pero tamén cara ós consumidores do que achegan eses medios (en boa medida manipuladores de datos en función dos intereses dos seus propietarios), tense expresado Carlos Frabetti, xornalista italiano que estará este xoves 27 en Santiago para pór –precisamente– a información a debate. A cita, prevista para as 20.00 horas na sede da Fundación Caixa Galicia, vai servir –segundo informa a organización do evento, o Club Internacional de Prensa– para coñecer a unha das figuras internacionais que máis ten avaliado polo miúdo o fenómeno comunicativo, o tradicional e o dixital.
Sinalar que foi este estudo pormenorizado o que lle valeu, entre outras cousas, para chegar á seguinte conclusión: o mundo, de xeito sistemático, ten que deixar de crer o que chega das grandes compañías do eido mediático.
Ó seu xuízo, é preciso recabar a información en medios alternativos, agora máis que nunca, o cal, sinala referíndose ós novos vieiros dixitais, “é cada vez máis doado e está ó alcance de máis persoas”. Para Fabretti, os principais medios de información alternativos son xornais dixitais como Rebelión, Insurgente, La Haine, Kaos na Rede ou Nodo 50. Con todo, engade, tampouco é complicado acceder a emisoras de radio e de televisión que dende fóra ou dentro do país de orixe, ofrecen unha visión do mundo distinta e máis veraz.
Sobre Carlo Frabetti
Carlo Frabetti é italiano (Bolonia, 1945), pero vive en España e escribe decote en castelán. Escritor e matemático, membro da Academia de Ciencias de Nova York, cultiva a divulgación científica (no diario Público aparece semanalmente a súa columna O xogo da ciencia) e a literatura infantil. Publicou máis de cincuenta libros, moitos deles para nenos e novos, entre os que destacan La magia más poderosa, Malditas matemáticas, El gran juego e a serie de El Mundo Flotante. Creador e guionista de La bola de cristal e outros programas de televisión, tamén se interesa de forma moi especial pola cultura da imaxe. É presidente da Asociación Contra la Tortura e membro fundador da Alianza de Intelectuais antiimperialistas. Os seus artigos políticos aparecen regularmente en distintos medios de comunicación tradicionais e dixitais. Entre os seus libros para adultos máis recentes cabe destacar Los jardines cifrados, El libro infierno, El cuarto purgatorio, La amistad desnuda, La bola de cristal, El árbol Paraíso e o ensaio Socialismo científico.
A súa novela Calvina obtivo en 2007 o Premio de Literatura Infantil El Barco de Vapor.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?