Como tódolos meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicamos un especial interese á celebración do Día de Internet e das Letras Galegas (recursos para esculcar no galego na Rede, o que se está a facer na Rede para normalizar o galego e as iniciativas de Cultura e Innovación para o 17 de maio), temos coma sinaturas convidadas a Beatriz Legerén e Daniel Cerqueiro falando da nova traxectoria de EGANET e incluímos un resumo da actualidade tecnolóxica.
Ademais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes:
– Galicia Xa – Internet nos autobuses galegos – DF Server desenvolve tecnoloxía para acadármonos unha oficina dixital – O Finisterrae xa colabora en proxectos internacionais de investigación – Satdata deseña unha innovadora ferramenta para as emerxencias – Ergonomía para internautas – Educación dá conta dos colexios que integran a rede TIC – El Corte Inglés informa da actividade de ámbito cultural na Internet – A animación galega ponse as pilas – Xogos: Mario Kart para Wii

