Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Premiado en Xixón o disco duro externo My Passport Elite de WD
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Electrónica de consumo

Premiado en Xixón o disco duro externo My Passport Elite de WD

Fernando Sarasketa
Publicado: 11/06/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

wd_mypassport_elite.jpgPara quen ande esculcando na maré de dispositivos de amoreamento de información á procura de algo que lle sente coma unha luva e tendo en conta o moito do que se fala e cantidade de mentiras que se contan (igual ca en calquera outro sector, en definitiva), se cadra guiarse polos recoñecementos da industria e/ou dos usuarios sería un bo xeito de poñer orde nos datos. Con independencia de que procurar hoxe entre tanta información un disco duro encamiñado a albergar outro tanto de información sexa como pescar con cana outra cana, o certo é que sempre hai quen bota unha man (aínda que haxa, de xeito inevitable, un aquel de interese pola súa porta).
Enleadas aparte, de entre todos os discos duros externos do mercado español é se cadra o My Passport Elite de Western Digital o que máis está de noraboa estes días. Precisamente, por terse imposto nos galardóns MedPi Iberia 2008 como o mellor dos dispoñibles no mercado.
Segundo os convocantes e máis o xurado deste certame e feira (que se dedica á complicada tarefa de salientar o mellor desenvolvido e o máis práctico dun universo, o da informática, que muda cada segundo), o dispositivo de Western é especialmente útil, cómodo de levar e converxente. De feito, ten un peso lixeiro (inferior aos 150 gramos) que o fai doado para carretar nos petos, está dispoñible nas capacidades de 320 e 250 xigas e inclúe software de sincronización e encriptación e de copia de seguridade e acceso remoto, característica que foi unha das chaves á hora de ter recibido o devandito premio.
O My Passport Elite está feito para levar dun recanto a outro milleiros de cancións, vídeos ou imaxes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Electrónica de consumo

Apple aposta pola integración da IA con aplicacións de terceiros para as súas futuras lentes

16/11/2026
Electrónica de consumo

Nova xeración de pantallas de tinta electrónica en cor de E Ink

15/10/2026
Electrónica de consumo

Apple colaborará con LG na creación do seu ecosistema domótico renovado

07/10/2026
mac-macbook-pro-size-unselect-20.jpg
Electrónica de consumo

O MacBook Pro con pantalla táctil podería ser bastante máis lixeiro

05/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?