Dende que José Luis Cuerda puxo o ollo (e tamén todo o seu equipo de colaboradores) en Ourense para rodar alí a súa última película, Os xirasoles cegos, baseada no libro de Alberto Méndez, son moitos os ourensás e ourensáns que agardan como auga de maio a chegada do filme ós cines, algo que non sucederá ata o vindeiro outono. Nembargantes, a produtora xa deixou ver, segundo vén de anunciar o xornal galego Lavozdegalicia.es, unha parte do que será a historia final levada á gran pantalla que, na cidade das Burgas, botou do redor de dúas semanas gravando distintas escenas.
O tráiler deste filme, protagonizado por Maribel Verdú, Raúl Arévalo e Javier Cámara, así como varias escenas e making offs da rodaxe xa se poden ver en varios sitios web tales como a do devandito xornal dixital ou o popular sitio de vídeos en Internet, YouTube.
A película será presentada en setembro, segundo indicou Lavozdegalicia.es, “case con total seguridade” na capital ourensá, coa presenza do director e dos seus protagonistas así como dos 400 extras que “puxeron o seu gran de area” en conseguir transmitir a vida nunha cidade de provincias trala guerra civil.
Varias escenas de Os xirasoles cegos (gravada en Ourense) xa circulan pola Rede
Compartir Este Artigo

