Como tódolos meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicamos un especial interese ás tecnoloxías para discapacitados (damos conta das últimas ferramentas para colectivos desfavorecidos) e incluímos un resumo da actualidade tecnolóxica.
Ademais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes:
– Imaxín presenta melloras no Opentrad – A Consellería de Educación convoca axudas para proxectos relacionados coas novas tecnoloxías nos centros de ensino – O futuro do xornalismo tradicional nas novas canles dixitais – A TDT máis preto grazas aos recursos na Rede – Accesibilidade na Sociedade da Información – Tecnoloxía sen fíos no contorno do Courel – As TIC propicia novos traballos menos dependentes do petróleo – Granxafamiliar.com – A Sociedade da Información e os novos negocios da música seguen a provocar debate, e mesmo ameazas – Linux educativo: Hai un millón de Anos – Galicia inspírase en Irlanda – Varios trebellos reseñados dende a nosa páxina web – Xogos: LEGO Indiana Jones
