
Nos últimos días moitos blogs están a convidar aos seus visitantes a sintonizar La 2 de TVE ás doce e media desta noite, aínda que habería que precisar que ao estar no verán as audiencias non son tan fortes coma noutras épocas polo que, aínda que o incremento do share poida ser posible, a meta que comentaban algúns de 900.000 espectadores é demasiado ambiciosa para esta época do ano e horario de emisión (posiblemente habería que superar o 12% de cota de pantalla para acadar tal número de espectadores).
ACTUALIZACIÓN: Finalmente o programa só acadou un 2,5% de cota de pantalla, pero foi unha festa para moitos dos involucrados nesta iniciativa orientada á Web 2.0.
Cámara Abierta 2.0 celebra o seu programa nº 100 instando aos blogueiros a incrementar a súa cota de pantalla
Compartir Este Artigo
