Como xa pasou na Fonsagrada, o apagamento analóxico é xa unha realidade en Soria, pois ás 12 desta mañá na praza do Concello da cidade celebraron o adeus á vella televisión e a benvida á Televisión Dixital Terrestre, adiantándose ao resto de España (pois o apagamento analóxico non está previsto ata o 3 de abril de 2010).

Para esta iniciativa os cidadáns contaron con axudas económicas do Ministerio de Industria, que achegaba 450 euros por edificio (para a adaptación de antenas colectivas), 60 euros por vivenda para a compra dun receptor de TDT interactivo (con MHP) e 15 euros adicionais para a súa instalación.
De todos os xeitos, non todos os sorianos están afectados polo apagamento, xa que 21 dos núcleos de poboación de Soria non reciben o sinal televisivo dende o repetidor de Santa Ana, polo que quedarían fóra do programa do Ministerio.
Soria segue os pasos da Fonsagrada e súmase á TDT
Compartir Este Artigo
