Como tódolos meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicamos un especial interese a Galicia na Rede (recollemos unha escolma das webs galegas relacionadas coa nosa cultura e lingua, unha selección de recursos xerais da Internet galega e a listaxe das 100 webs galegas máis visitadas).
Ademais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes:
– Confianza no futuro (Emilio Pérez Touriño) – Rutas de sendeirismo emocional en Arousa Norte – Novas tecnoloxías para cando todo o demais falle – Recursos en liña para discapacitados – Innovación para previr os accidentes nas estradas – Novidades sobre o trebellos máis agardado: o iPhone – Xogos: escolma das novidades máis salientables do lecer electrónico
