Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Imatia desenvolve un sistema para o intercambio de datos dixitais entre os concellos galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Aplicacións

A galega Imatia desenvolve un sistema para o intercambio de datos dixitais entre os concellos galegos

Raquel Noya
Publicado: 04/08/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Computer_mouse_hand_image_op_800x533-3.jpgA empresa viguesa Imatia, vén de desenvolver un mecanismo para o intercambio de procedementos dixitalizados entre administracións, de xeito que os sistemas informatizados, creados e implementados por uns, poidan ser empregados por outros.
Este proxecto, que se coñece como CI+DADANS permite que se compartan tanto o código e a definición dos fluxos como a definición completa dos procedementos (trámites, definición e asignación de responsables, datos, formularios, documentos…).
A Consellaría de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de I+D+i concedeulle a Imatia unha axuda de 35.100 euros para o desenvolvemento do proxecto entre 2007 e 2009, no marco do Programa de Sociedade da Información do Plan Galego de I+D+i 2006-2010 (INCITE).
Os principais destinatarios do proxecto CI+DADANS son os concellos galegos, interesados en aforrar custos e esforzos na implementación dos procedementos administrativos. O que propón Imatia é un mecanismo sinxelo para incorporar procedementos xa definidos e desenvolvidos informaticamente noutras entidades. O proceso para que as administracións compartan estas ferramentas é, segundo os responsables do proxecto, “complexo” por teren que pór en común os elementos de diferentes sistemas de traballo, baseados en tecnoloxías e en estruturas organizativas diversas.
Asemade, o sistema que desenvolve Imatia debe seguir criterios uniformes para a nomenclatura dos elementos que comparten as diferentes administracións, de xeito que as partes comúns sexan identificables. Dende a empresa sinalan tamén a necesidade de que o sistema teña capacidade multiidioma, o que engade complexidade ao traballo.
O proxecto estrutúrase en dúas fases conforme a dous obxectivos: analizar que procedementos se poden compartir e chegar á tecnoloxía para facelo. A primeira parte está dirixida a identificar, seleccionar e modelar un conxunto de procedementos que poidan ser compartidos. A segunda fase da investigación, de carácter técnico, tratará de definir formatos estandarizados.

Probas nunha rede de concellos

Para probar o funcionamento do sistema, Imatia aproveitará a súa experiencia noutros proxectos. Na actualidade, está a implantar un produto para a xestión de expedientes municipais nunha rede de sete concellos que constituirá unha plataforma para levar a cabo unha experiencia piloto de validación dos resultados obtidos en CI+DADANS.
Se estas probas amosan que o mecanismo de intercambio de procedementos resulta viable técnica e economicamente, e o ámbito de aplicabilidade do mesmo é suficientemente amplo, Imatia fará públicos os formatos, a documentación e o código fonte mediante unha licenza de código aberto. En base aos resultados, a empresa desenvolverá ademais un prototipo comercial para incorporalo ao seu produto CIVIDAS de xestión de expedientes para administracións públicas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Aplicacións

WhatsApp comeza a ofrecer copias de seguridade na súa propia nube

17/11/2026
Aplicacións

Instagram crea Direct, unha aplicación independente para mensaxería

17/11/2026
Aplicacións

Un desenvolvedor melidense crea unha aplicación que pendura capturas de pantalla nun tendal virtual

13/11/2026
Aplicacións

EduLeo facilita a mellora da comprensión lectora

12/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?