Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Spinlight: tecnoloxía galega de publicidade en 360 graos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Spinlight: tecnoloxía galega de publicidade en 360 graos

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/08/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

spinlight.jpgTanto a Internet coma o mundo real e previo que nos rodea son eidos ben amplos onde non chega con querer presentar un determinado produto e logo tentar comercializalo. Fan falta ollos para velo e, polo tanto, recursos que atraian eses ollos. Diso precisamente, de poñer en xogo eses recursos para acadar que o público se concentre nun emprazamento físico determinado, é do que trata Spinlight, un trebello e unha canle de comunicación desenvolvido pola empresa da Coruña Metalplast que consiste –en liñas xerais- nun dispositivo lumínico que proxecta imaxes e mensaxes que xiran 360 graos dende o punto máis elevado do interior dos locais comerciais.
O aparello, que se carga de xeito dixital e se controla de maneira remota (en liña), está a ser empregado arestora por marcas de certo renome no mercado español como a rede de estacións de servizo de Repsol ou a tabaqueira Altadis. Asemade, e segundo informa a dita empresa galega, hai un bo número de compañías e organismos poñéndose ao día sobre as súas posibilidades, entre as que se contan Coca Cola, Avis, a Expo de Zaragoza 2008, Bacardi, Marca ou a Dirección Xeral de Tráfico (DGT).
O trebello en cuestión, que está operativo arestora en 1.000 establecementos de Repsol, inclúe unha aplicación software propia de seu (e suxeita ás debidas actualizacións) e unha serie de recursos que (a xuízo da empresa responsable do desenvolvemento) van especialmente encamiñados a acadar que o seu uso sexa o máis doado posible. O seu funcionamento é o seguinte: opera coma un socio e unha voz publicitaria para as marcas que achegan os seus produtos nos puntos de venda que albergan o dispositivo.
O aparello foi deseñado en colaboración con diversos equipos de investigación de varias universidades españolas e contou para o seu éxito coa experiencia de Metalplast en materia de sinalización gráfica e alumeamentos por fibra óptica, entre outros produtos de tecnoloxía visual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?