Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Reporteiros Sen Fronteiras convoca unha mobilización virtual para esixir máis liberdade en China
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Reporteiros Sen Fronteiras convoca unha mobilización virtual para esixir máis liberdade en China

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/08/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

reporteiros_sen_fronteiras_china.jpgCoidadiño cos internautas. Esta, así en bruto, é se cadra unha das recomendacións que máis se fan a si mesmas as autoridades chinesas cada pouco tempo. Dito doutro xeito: as cousas xa non son o que eran e a xente alporizada con determinadas accións políticas fai na Internet o que non pode facer na vida real, sobre todo porque na vida real hai máis posibilidades (aínda) de recibir un pauazo dos antidisturbios.
Isto de tirar partido da Rede é o que semella que está a acontecer cos Xogos Olímpicos en Pequín e, a maiores, coa política levada a cabo por China, pouco dada a permitir certas liberdades de expresión. Aí, na fronte virtual, é onde se sitúan os Reporteiros Sen Fronteiras para denunciar, a través dunha iniciativa en liña, a represión e a ausencia de liberdades do país.
A ONG, que vai camiño xa de contar (arestora) co apoio de máis de 8.000 internautas, está a empregar a dita páxina como praza pública de mobilización, usando todo tipo de recursos de animación nos que, entre outras cousas, podemos albiscar o estado olímpico de Pequín. Para participar na iniciativa, o único que temos que facer é encher o formulario que se nos presenta, achegando nome, apelidos, cidade e país de residencia. Logo, seleccionamos o lema que queiramos que figure na pancarta da figura virtual que nos vai recrear na cibermanifestación. A organización xa convocou mobilizacións fronte ás embaixadas de China en Roma, París, Escotolmo ou Londres.
Máis polo miúdo, as convocatorias teñen o obxectivo concreto que esixir a excarceración de todos aqueles xornalistas e defensores dos Dereitos Humanos chineses que estean arestora na cadea ou ben no exilio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?