Con pantallas que van dende as cinco ata as dez polgadas e distintas ferramentas que se adaptan ás necesidades de cada usuario, os mini-portátiles están a acaparar unha enorme popularidade no mercado ao resultar atractivos mesmo para os profesionais máis esixentes como xornalistas ou comerciais (que buscan un ordenador lixeiro con todas as funcionalidades e acceso á Rede).
A venda destes dispositivos superará este ano a barreira dos cinco millóns de unidades e agárdase que para o vindeiro 2009 se vendan máis de 8 millóns.
Segundo un informe realizado pola empresa de investigación Gartner, os usuarios que demandan este tipo de ordenadores buscan pantallas pequenas, pouco peso, baixo prezo, facilidade de uso e ampla funcionalidade; características que sóen reunir os portatiles de baixo custo que nos últimos tempos están a arrasar non mercado.
Os responsables de Gartner mesmo a atreveron a afirmar que para o vindeiro 2012 se chegará “aos 50 millóns de unidades vendidas”. O tempo será o que lle dea a razón ou pola contra demostre que tan só se trata dunha moda pasaxeira como tantas outras.
Dispárase a venda de mini-portátiles
Compartir Este Artigo

