A directora de vendas de Ryanair, Sinead Finn, vén de anunciar hoxe en Barcelona que a súa compañía de baixo custo “comezará a cancelar vos voos contratados a través de portais de viaxes distintos dá súa propia web oficial, en dúas semanas contadas a partires do pasado 11 de agosto“, é dicir, a partires do vindeiro 25 deste mes.
Finn asegurou que a compañía xa está a comunicarlle a decisión ás axencias en liña responsables desta situación, para que sexan elas as que avisen aos clientes perxudicados xa que, asegura, “Ryanair descoñece os datos dos clientes finais destas empresas“.
A compañía irlandesa mantén así un tira e afrouxa coas axencias de viaxe en liña, as cales teñen previsto tomar medidas legais malia que Ryanair se compromete a devolverlle integramente o importe dos billetes para que estas llo reembolsen aos seus clientes.
A compañía irlandesa vaise remontar, a lo menos, un mes atrás para identificar as devanditas reservas, o que podería afectar a voos reservados mesmo para o vindeiro mes de marzo.
A axencia de viaxes en liña de orixe galego, Atrápalo, é a única axencia española contra a que Ryanair emprendeu accións legais polo momento e vén de anunciar que continuará vendendo billetes “ata que non haxa unha sentenza firme” posto que, aseguran, “non incumpren ningunha lei nin fan nada que non fagan outros portais“.
Ryanair comezará a cancelar os seus voos “non autorizados” o vindeiro 25 de agosto
Compartir Este Artigo

