Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A terceira edición de Irmandiños, ao completo na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A terceira edición de Irmandiños, ao completo na Rede

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/08/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

irmandinhos_2008.jpgLogo do éxito das dúas anteriores edicións, Vicepresidencia da Xunta vén de anunciar que volve á carga cunha terceira convocatoria do seu xogo de rol Irmandiños, unha proposta feita á medida de todos aqueles e aquelas que queiran revivir tempos pasados e sen necesidade de empregar unha longa listaxe de esforzos no desenvolvemento dunha máquina do tempo. Máis polo miúdo, os tempos que se reviven son os das loitas irmandiñas, as que enfrontaron hai séculos en Galiza aos cabaleiros minoritarios que ficaban coa maior parte das terras e das riquezas e aos labregos maioritarios que tiñan a parte máis pequena das mesmas.
O xogo, que non se desenvolve na Rede mesma senón que é presencial e en vivo (trátase da actividade destas características de maior envergadura, segundo se especifica no libro Guiness), ten –malia todo- unha serie de importantes vínculos coa Internet. De feito é a través dela e da web propia de seu onde se nos indica como inscribírmonos no xogo (a partir de xa, celebrándose aquel do 26 ao 28 de setembro no Castelo de Monterrei) e é a través dela como poderemos obter toda a información xeral concernente a esta terceira convocatoria.
A actividade, desenvolvida pola Dirección Xeral de Xuventude de Vicepresidencia e 13 Negativo (autor do xogo) está ambientada no século XV, durante a Segunda Revolta Irmandiña, e os xogadores participarán nun dos seguintes bandos: Irmandiños (295 personaxes) ou malfeitores (205).
Para efectuar a inscrición, as persoas interesadas, que deben ter entre 18 e 35 anos, poden realizar a reserva de praza entre o 18 de agosto e o 18 de setembro, de 9,00 a 14,00 horas, ben persoalmente na Dirección Xeral de Xuventude (Edificio Administrativo San Caetano, Bloque III, 1º. Santiago de Compostela) ou ben nos teléfonos 981 545 937, 981 545 702 ou 981 544 869.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?