Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Hillcrest acusa a Nintendo de terse inspirado (de máis) nos seus deseños para o mando da Wii
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Hillcrest acusa a Nintendo de terse inspirado (de máis) nos seus deseños para o mando da Wii

Fernando Sarasketa
Publicado: 22/08/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

wii_mando.jpgMalia que hai unha tendencia a pensar que as patentes de propiedade industrial só se infrinxen nas empresas medianas ou pequenas, cada pouco tempo abrollan no eido dos medios en Internet informacións que apuntan directamente ao contrario e que sitúan ás grandes majors como causantes dos meirandes ataques contra o que crean e deseñan os demais, probablemente con máis esforzos. Disto, de supostos plaxios e doutros asuntos, é do que trata a acusación que a empresa dos Estados Unidos Hillcrest Laboratories acaba de presentar perante a Comisión Internacional de Comercio e na que sinala a que ao seu xuízo é unha clara infracción de ata catro das súas patentes, e non precisamente dende unha firma máis ou menos legal especializada en imitacións de pouca monta.
Non, a cousa, de ser finalmente certa, é un pouco máis grave, porque querería dicir que o mando sen fíos da Wii que moitos de nós temos decote entre mans podería ser (parcialmente) unha apropiación de ideas por parte da xaponesa Nintendo á devandita Hillcrest.
Segundo conta Reuters e se fan eco ADN e Milenio, esta compañía, sita en Maryland, estaría especializada en deseñar aparellos con sensores de movemento encamiñados a permitirlles aos usuarios mover obxectos nunha pantalla mediante o propio movemento do dispositivo manual. Ao parecer da empresa, Nintendo debería pagar por ter feito uso deste deseño. Hillcrest engade máis declaracións ao respecto: “Aínda que respectamos moito a Nintendo e á Wii, cremos que a empresa vén de violar claramente as nosas patentes, por iso se tomas estas medidas de protección dos dereitos de propiedade intelectual”. A casa xaponesa, pola contra, aínda non se pronunciou sobre esta cuestión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?