A terceira longametraxe do estudio de animación Dygra Films, Espíritu del Bosque, vén de ser seleccionada polo Festival Internacional de Cine Infantil de Chicago para competir na súa sección oficial. O certame, que terá lugar entre os días 23 de outubro e 2 de novembro deste ano, celebra nesta edición o seu 25 aniversario.
Dygra Films levará a Chicago a vesión inglesa do seu último filme, que conta coas voces de actrices e actores de recoñecido prestixio como, Anjelica Huston, Ron Perlman, Sean Astin ou Giovanni Ribisi.
O pasado ano 2002, Dygra xa obtivera o Premio do Público neste mesmo certame con El Bosque Animado (a primeira longametraxe de animación 3D do estudio) e agora pretende repetir a experiencia con este filme, que se estreará o vindeiro día 5 de setembro no noso país.
Espíritu del Bosque é unha nova aventura dos personaxes de El Bosque Animado que terán que volver a protexer o monte da malvada Sra. D´Abondo.
O elenco de actores e actrices da versión española está encabezado por Luis Merlo, María Adánez, Juan Ibáñez e Damián Molla (estes dous últimos son os que interpretan ás “formigas” do programa de Pablo Motos, El Hormiguero).
Espíritu del Bosque participará no Festival Internacional de Cine Infantil de Chicago
Compartir Este Artigo

