Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Estréitase o cerco sobre a publicidade lixo a través do móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Estréitase o cerco sobre a publicidade lixo a través do móbil

Fernando Sarasketa
Publicado: 01/09/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mobil_engano.jpgO Consello de Ministros vén de dar o seu apoio definitivo ao anteproxecto de lei dos ministerios de Sanidade, Xustiza, Economía e Industria encamiñado a declarar ilegal o chamado lixo informativo chegado pola vía telefónica. Este anteproxecto, do que xa falamos hai unhas semanas nesta mesma web, é o resultado dos milleiros de queixas presentadas perante diferentes órganos públicos ou privados por parte de usuarios de terminais móbiles víctimas de algún tipo de calote telefónico (enganos de diversa índole, tentantivas de fraude bancario, supostas propostas de encontros amorosos que deveñen en chamadas e mensaxes cara ningures, etc.). A iniciativa inclúe cambios sobre catro leis xerais, tal e como reflictiu o Goberno: defensa dos consumidores e de usuarios, competencia desleal, publicidade e ordenación de comercio minorista e sobre a directiva europea 2005/29, que é a que establece cales son os prácticas comerciais desleais e cales non.
O que está máis ou menos claro é que unha boa parte da publicidade que nos chega a través do móbil, case toda ela ben cuestionable, vai entrar dentro do saco do “desleal”. O que se pretende, xa que logo, é afianzar o chan que pisan os usuarios destes aparellos e servizos e máis as propias empresas que traballan neste eido en concreto cumprindo coas requisitios mínimos de fiabilidade. Segundo o anteproxecto, considerarse “desleal” aquilo que poida levar a un erro ao usuario de novas tecnoloxías en xeral, “mermando a súa capacidade de elección”. Por exemplo: unha chamada que nos pon en aviso sobre un descoñecido ou descoñecida (por outra banda inexistentes) que queren coñecernos e, a ser posible (se llo permitimos), chegar a cuestións un pouco máis serias e fondas.
Un dos detonantes deste movemento de ficha do Executivo central estaría no acontecido hai uns días co fraude a gran escala lanzado con feitura de sms e no que se informaba da existencia dun mensaxe de voz sen escoitar e dun teléfono con prefixo 905 ao que facer un chamado para acceder a el. O sms en cuestión, que non era máis que un xeito de levarnos dun número a outro para quedarse cos nosos cartos, tivo unha característica da que non goza a gran maioría destas tentativas de roubo polo móbil: era un sms máis ou menos crible. Isto, unido aos centos de denuncias motivadas polo mesmo (denuncias que reflicten só unha pequena parte dos fraudes consumados, tendo en conta a cantidade de usuarios que prefire non recoñecer a estafa) e aos abusos continuados de supostas empresas que se dedican a enviar chamadas e mensaxes non solicitados, é precisamente o que constitúe o alicerce do anteproxecto do lei do Goberno.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?