Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Traballo incrementa o seu número de Puntos de Información Dixital ata 186
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Traballo incrementa o seu número de Puntos de Información Dixital ata 186

Fernando Sarasketa
Publicado: 01/09/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

quioscos_traballo.jpgA Consellería de Traballo segue a ampliar a súa rede de canles de información en liña sobre ofertas e demandas de emprego. Se o ano pasado por estas datas falabamos nesta mesma web de 133 Puntos de Información Dixital (PID), agora o número de unidades vén de incrementarse ata 186, repartidas polas catro provinciais e máis tamén en América (con cinco en Arxentina e dúas en Uruguai). O reforzamento da rede de PIDs, que forma parte das iniciativas que a Consellería de Traballo leva a cabo para manter renovado (real e dixitalmente) o Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG), ten tres obxectivos principais: mellorar a actividade mesma da Consellería de Traballo, achegala ao máximo á sociedade galega e preparar o camiño da Administración Electrónica.
O medre da rede, que partiu cun orzamento de preto de un millón de euros, está a permitir que se minimicen as distancias entre os cidadáns e os PIDs, que non son outra cousa que dispositivos electrónicos con feitura de caixeiros automáticos e tecnoloxía de lectura de pegada dixital habilitados nas oficinas de emprego.
A finalidade destes aparellos de acceso á Rede, amais de favorecer o propio proceso administrativo que xira arredor da Consellería de Traballo (e que afecta aos cidadáns e tamén aos traballadores do propio departamento), é facilitar na medida do posible procesos burocráticos como a renovación da tarxeta do paro. Asemade permiten visitar o Portal de Emprego da Consellería (na imaxe) e, entre outras cousas, renovar a tarxeta do paro, consultar as ofertas ou modificar o currículo. Neste senso, a idea é cubrir cos PIDs os máis que posibles baleiros de acceso a Internet dos demandantes de emprego, alí onde se atopen.
A rede, que comezou a coller corpo en 2005, inclúe por provincias a seguinte distribución: 65 Puntos de Información Dixital na provincia da Coruña, 41 en Lugo, 44 en Ourense e 36 en Pontevedra.
Para usalos, lembra o departamento da Xunta, unicamente é preciso un trámite na oficina de emprego correspondente: o de solicitar a habilitación da pegada dixital. Unha vez feito isto poderemos usar calquera dos PID distribuídos pola nosa xeografía, encamiñados a rematar coa obriga de acudir de xeito periódico á oficina de emprego para facer calquera tipo de trámite.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?