Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Skype cumpre cinco anos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Skype cumpre cinco anos

Fernando Sarasketa
Publicado: 02/09/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

skype-2.jpgManter viva unha empresa durante cinco anos non é igual nun sector ca noutro. Entre as que o teñen máis cru, sen dúbida se sitúan as compañías do eido tecnolóxico. Na súa contra teñen un obstáculo que non é un obstáculo calquera: o tempo acelerado. En certa medida, o panorama da produción mundial de servizos e ferramentas TICs é coma un parte meteorolóxico convulso. Perante a pregunta de que tempo vai facer maña, a persoa que achega previsións pódese encoller de ombreiros e pouco máis. Toda esta enleada vén a conto para darlle os parabéns a unha empresa que temos en certa estima e que foi quen de superar inclemencias climáticas ao longo de cinco anos. Falamos de Skype, a iniciativa que puxo de moda o de falar de balde a través da Rede (contribuíndo a manter en contacto coas súas familias e amizadas a unha chea de emigrantes lonxe da súa terra) e que foi posta en marcha o 31 de agosto de 2003 por Niklas Zennström e Janus Friis coa intención de achegar alternativas á comunicación telefónica tradicional.
A ferramenta, que para algúns foi quen de revolucionar o emprego de Internet e das comunicacións en xeral (máis baratas e máis accesibles grazas a Skype, entre outros servizos), foi mercada por eBay en setembro de 2005 por 2.100 millóns de euros, no cumio da súa sona, para logo comezar unha etapa de certo estancamento que, malia todo, non propiciou a súa desaparición. O certo é que a web sigue viva (falar de cinco anos na Rede é como falar da vida enteira dunha persoa) e a día de hoxe pode presumir de ter acadado a nivel mundial unha cifra nada desprezable de usuarios: 350 millóns.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?