Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dous de cada tres usuarios da Rede non diferenza unha nova dun rumor
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dous de cada tres usuarios da Rede non diferenza unha nova dun rumor

Fernando Sarasketa
Publicado: 03/09/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

bulo_gatinos.jpgPerante todo o que se nos conta na Rede, como protexernos? Ou mellor dito, como saber se o que se di nunha web ou nun blog ou nun correo é certo ou non? Este fenómeno, ao que todo o mundo está en maior ou menor medida exposto (os xornalistas pican no anzol das mentiras en liña de xeito tan entregado como calquera outro internauta, e mesmo se teñen formado cadeas de mentiras imposibles de abranguer), non é máis que a transposición á complexidade da rede dos ruxerruxes da vida cotiá. Ou sexa, que o rumor tradicional conta os seus acenos na Rede por medres, firmes e constantes. O caso é que segundo a Asociación de Internautas, a cousa é cada día máis preocupante e, a día de hoxe, xa hai unha porcentaxe de dous de cada tres internautas sen posibilidade algunha de distinguir entre un bulo ou unha verdade.
O informe, feito co obxectivo de avaliar a pegada dos chamados hoax ou novas falsas entre 2.283 usuarios da Rede, achega outros datos de interese: os internautas tamén teñen unha percepción alta sobre a recepción de trolas, habendo un 44% dos mesmos que afirman recibir entre un e cinco por semana. Por certo que o máis histórico de todos eles semella ser ese que todo usuario do servizo Hotmail recibiu polo menos unha vez na vida e no que, por certo, aínda hai xente que sigue a picar: o correo no que se nos convida a facer envíos en cadea para evitar que nos cancelen a conta. Outro dos máis míticos bulos foi o dos gatiños metidos en botellas para convertelos en supostos bonsais-gatunos (na imaxe). A intención dos responsables destas informacións inventadas son múltiples e variadas, pero moitas delas teñen que ver coa arela de facerse con enderezos en liña de correo electrónica para logo enviar material publicitario. Tamén hai algúns que van dirixidos a crear confusión ou mesmo a variar o rumbo social e político dun concello, comunidade autónoma ou estado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?