Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Universidade de Sevilla achegará portátiles de balde aos novos alumnos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Universidade de Sevilla achegará portátiles de balde aos novos alumnos

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/09/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sevilla_alumno_portatil.jpgO eido universitario semella (coas lóxicas diferenzas entre unhas institucións e outras) un dos máis activos no que se refire a meter o emprego das novas tecnoloxías no día a día da comunidade educativa e alí ata onde sexa posible. Nesta liña, e tratándose de pór un pouquiño por diante das demais, é onde se vén de situar a Universidade de Sevilla, onde parece que poucas escusas van a quedar entre os novos estudantes para non ter un computador portátil. De feito, a iniciativa da que falamos consiste precisamente en pór ao alcance da man dos alumnos de novo ingreso un equipo destas características e co engadido a ter en conta de ser de balde, aínda que mediando unha fianza. Neste senso en concreto e segundo conta Pulimento en Barrapunto, cómpre facer unha serie de puntualizacións sobre a dita iniciativa, aplicable a todas as titulacións.
O equipo en cuestión terá unha garantía de 4 anos e, tras ese prazo de tempo, poderá pasar definitivamente a mans do alumno que así o desexo e a custo cero. Asemade, tamén será posible devolvelo dentro do dito prazo de garantía ou no transcurso do ano posterior ao seu remate. En caso de que o estudante opte por esta última vía, recibirá a devolución da fianza de 100 euros. Sinalar que ata o de agora a Universidade de Sevilla enxergaba a achega de computadores máis coma un agasallo ou recoñecemento (ían dar ás mans dos alumnos con mellores cualificacións no Bacharelato e na selectividade) que como un complemento xeralizado aos estudos e a posterior procura de traballo.
Malia as aparentes vantaxes da iniciativa e segundo indica a comunidade de Barrapunto, a proposta da Universidade de Sevilla pode ter unha serie de inconvenientes, sobre todo porque hai un bo número de novos estudantes que xa veñen co seu equipo e que probablemente preferirían outro tipo de aliciente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?