Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SoftBank recurta a distancia entre valados publicitarios e móbiles para promover filmes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SoftBank recurta a distancia entre valados publicitarios e móbiles para promover filmes

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/09/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

walle.jpgNo eido da tecnoloxía, non todos estamos dispostos a tirarlle o mesmo rendemento ás diferentes solucións que se nos poñen diante. Asemade, tamén pode ser preciso que nos fagamos a seguinte pregunta: ata onde permitirían os distintos trebellos innovadores proclives que chegáramos ao fondo dos seus segredos? Para páxinas web como Pixel e Dixel, entre os múltiples contornos aos que non se lles tira proveito está sen dúbida o dos valados publicitarios, eses paneis que acompañan moitos dos nosos paseos pola cidade e cos que raramente temos máis relación cá de ollalos e dedicarnos a outra cousa. Pois ben, en Xapón o diálogo cos valados segue a gañar en complexidade. Do que se trata agora é de usar tecnoloxía sen fíos NFC (Near Field Communication) para permitir o intercambio de información entre dispositivos. Ou sexa, entre o panel que teñamos diante dos fociños e o noso móbil.
Por aí precisamente é por onde se veñen de meter o operador de telefonía SoftBank, NTT Data, Hitachi e Gemalto (fabricante de chips) e co obxectivo de promover produtos de xeito interactivo a través dunha canle, a dos valados, que aos seus ollos é o máis semellante que existe na tecnoloxía unha leira en barbeito.
Para ir poñéndose as pillas, ao longo do mes de outubro dedicaranse entre outras cousas a presentar os filmes Wall-e e máis Campanilla. O funcionamento das campañas é o seguinte: os usuarios que dispoñan dun móbil compatible con estes sistemas poderán ter nos seus trebellos contidos de todo tipo e só co requisito de achegalos aos ditos paneis publicitarios.
Asemade, as firmas responsables da iniciativa achegaranlles aos usuarios un código para visualizar nos seus fogares os tráilers en alta definición. O requisito desta volta: ter un televisor Hitachi. A experiencia, amais de ser un axeitado vehículo de promoción para as ditas empresas e os seus produtos, servirá para estudar polo miúdo as posibilidades da tecnoloxía NFC en contraposición aos sistemas previos, os QR, baseados en códigos bidimensionais e, en boa medida, máis incómodos para os usuarios, posto que requiren ser retratados con cámara dixital se estes queren acceder aos servizos dispoñibles.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?