Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Accesibles os documentos sobre o proxecto e-Hospital, de ampla participión galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Accesibles os documentos sobre o proxecto e-Hospital, de ampla participión galega

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/09/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

hospital_coruna.jpgOs resultados do proxecto europeo e-Hospital, do que xa falamos noutras ocasións nesta mesma web para dar conta dos seus froitos en materia de aprendizaxe a distancia para doentes, serán presentados polo miúdo na Conferencia Final do Proxecto que se vai celebrar o día 19 de setembro de 2008 na cidade austríaca de Krems. Os logros da iniciativa, que tivo unha ampla pegada en Galiza (sobre todo entre entre residentes de longa duración no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña -na imaxe- que, xunto coa Universidade de Santiago e a área de e-learning do CESGA, foi a única participación procedente do estado español no proxecto), figuran estes días resumidos en dous documentos pdf que poden solicitarse a través do seguinte enderezo: e-learning@cesga.es.
Polo que respecta ao relatorio de Krems, dicir que vai ir dirixido sobre todo a profesionais da educación de adultos e da aprendizaxe a distancia (en liña), investigadores, persoal de hospitais e outros axentes da saúde.
Segundo sinala o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), o período de inscrición está aberto ata o 10 de Setembro de 2008. A inscrición no evento é gratuíta. Para rexistrarse, así como para obter unha maior información do evento, visite a páxina web oficial do proxecto ou contacte cos seus organizadores: ehospital@dieberater.com.
Estas son as dúas publicacións devanditas que xa están ao alcance dos internautas: E-learning para pacientes adultos hospitalizados. Experiencias-Retos-Recomendacións de 52 páxinas dispoñible en cinco idiomas, entre elas o español, e unha versión máis ampla titulada E-Hospital: Experiencias con actividades de e-learning para pacientes de 152 páxinas e dispoñible en inglés pero en breve estará dispoñible tamén en español.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?