Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Krasis distribuirá directamente os cursos en liña de Microsoft
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Krasis distribuirá directamente os cursos en liña de Microsoft

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/09/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

krasis_microsoft.jpgA empresa galega Krasis segue a estreitar a xa de por si estreita colaboración con Microsoft, e faino arestora reforzando o seu papel de aval da compañía de Redmond en materia de formación para Galiza e España. Dito dun xeito máis completo: Microsoft vén de cederlle a Krasis unha parte crucial dos seus recursos educativos co fin de que esta ofreza cursos en liña de diversa índole. A colaboración, estipulada nun acordo entre ámbalas partes acabado de pechar (acordo que en certa maneira vén de lonxe, tal e como reflectimos hai pouco nesta entrevista), converte á firma con sede en Vigo na única do estado español que integra os contidos da multinacional na súa propia plataforma, segundo sinalan os responsables da compañía galega.
As vantaxes do devandito para Krasis e, sobre todo, para os clientes presentes e futuros dos seus recursos? En boa medida se centran na posibilidade que teñen as empresas de personalizar os cursos, facilitar o seu uso e facer seguimentos do seu aproveitamento por parte dos alumnos.
Para Krasis, o acordo é salientable dende todas as frontes. En primeiro lugar, fai que se consolide entre as primeiras compañías de aprendizaxe a distancia no eido da tecnoloxía de Microsoft, grazas precisamente aos niveis de calidade da achega formativa: “Con esta medida”, sinala a firma de Vigo nun comunicado, “incorporamos sobre a base dos cursos en liña tradicionais unha nova modalidade na que se seguen as pautas dun calendario e na que profesor e alumno poderán reproducir unha clase tradicional en directo”. Polo tanto, engádese, no transcurso da sesión poderase facer en boa medida o mesmo que nas actividades formativas que todos coñecemos: erguer a man, preguntar, explicar de xeito individual ou traballar de maneira simultánea sobre unha mesma aplicación. Asemade, subministrarase a posibilidade de seguir as actividades de aprendizaxe en diferido e completar a formación coas publicacións en papel da editorial Krasis Press, que, por certo, terá o vindeiro mes dous novos volumes no mercado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?