Salgado visitando as novas instalacións do operador público de telecomunicaciónsO secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, durante o acto de inauguración da nosa sede do operador público de telecomunicacións Retegal, garantiu que a empresa está en condicións de garantir o acceso universal á Televisión Dixital Terrestre para a comunidade galega no caso do múltiplex autonómico para o que Galicia realizará un investimento de 30 millóns de euros para que en 2010 se consiga unha cobertura do 99,3% do múltiplex autonómico, o 98% do múltiplex de TVE e o 98% das canles privadas, porcentaxes que na actualidade están no 90,11%, 86,92% e 78% respectivamente. Salgado tamén explicou que, no caso do múltiplex autonómico, se está a negociar co Goberno do Estado a posibilidade de acadar a cobertura universal vía satélite, o que beneficiaría a 20.000 persoas. Manuel José Fernández Iglesias, Xesús García Porto e Fernando Salgado na inauguración da nova sede de RetegalDurante a súa visita ás novas instalacións de Retegal, o secretario xeral de Comunicación estivo acompañado polo xerente do operador público, Xesús García Porto, e o conselleiro delegado e director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias. Salgado, quen tamén ostenta o cargo de presidente de Retegal, aproveitou a ocasión para anunciar que a compañía acadara o certificado de calidade ISO-9001:2000 outorgado por Applus. O secretario xeral de Comunicación definiu Retegal como unha empresa solvente, «o operador de referencia e a chave para o acceso integral ás comunicacións en Galicia». Así mesmo, destacou o seu importante papel na posta en órbita do primeiro satélite galego dado a coñecer hai uns meses. Retegal é o operador de referencia en Galicia para a difusión de sinais de televisión analóxicos e dixitais, e para servizos de datos institucionais. Entre outros clientes, Retegal proporciona servizos de telecomunicación ás radios e televisións galegas públicas e privadas tanto autonómicas como locais, á Rede de Telecentros da Secretaría Xeral de Comunicación, aos operadores estatais Abertis e Axion, as universidades galegas, e a propia administración autonómica.