
A achega desta nosa representación empresarial en concreto, integrante toda ela do Clúster Audiovisual Galego, fundaméntase en boa medida na seguinte realidade: a pegada que un país deixe no eido internacional mídese hoxe en día pola súa capacidade para exportar filmes, series, canles ou servizos tecnolóxicos de calidade.
Precisamente, presentar produtos e atender ás últimas tendencias dun sector en constante movemento (máis que nunca vinculado ás novas tecnoloxías da información) van ser algúns dos grandes obxectivos da expedición galega. De feito, a feira IBC xa non é só coñecida polo seu valor especificamente audiovisual, senón sobre todo porque é un mercado de tecnoloxía da industria do lecer de primeira orde.
No encontro, que ten un carácter máis ben profesional (con presentacións de novidades, stands, relatorios ou obradoiros especializados), participarán as seguintes compañías galegas: Arantia, Spica, Isabella Audiovisual, Filmanova, Ficción Producciones, LambdaStream, Voz Audiovisual, Continental, Cinemar Films, CTV e Tecnocom.
Once firmas galegas acoden ao gran mercado europeo da tecnoloxía no audiovisual: o IBC
Compartir Este Artigo

