Os novos temas de Costas xa se poden adquirir dende iTunesMiguel Costas volve á carga contra todo o que se lle poña diante: Chenoa, David Bisbal ou a guerra das autoridades contra o consumo de tabaco ou contra o botellón (mentres unha boa parte da nosa terra esmorece libremente baixo o cemento, a corrupción urbanística ou as minicentrais nos ríos). O regreso do cofundador de Siniestro Total (que por certo estará nas festas de San Froilán en Lugo con outro dos responsables da criatura: German Coppini), ten moito de dixital. De feito, segundo conta o propio músico nun comunicado, a partir de xa está accesible na web de iTunes o seu novo traballo, Condenados a Costas, incluíndo en exclusiva dous temas a engadir: No puede ser e LK6 Munitas. Para ir completando o camiño, pódese escoitando na propia web do rockeiro vigués e máis en YouTube o primeiro tema extraído do CD, Baja el pantalón. Costas, que comeza en outono unha xira para promover (precisamente) as cancións do seu novo traballo, lanzou estas cancións coa axuda do xelo G. Domani Records, co que vén de recalar. Por certo que a partir do 13 de outubro complementará a devandita iniciativa na Rede co método tradicional de venda dun CD: nas tendas de toda a vida e con soporte físico.