Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CTAG presentará en Munich un prototipo de vehículo que le sinais e nos avisa se as infrinximos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CTAG presentará en Munich un prototipo de vehículo que le sinais e nos avisa se as infrinximos

Fernando Sarasketa
Publicado: 16/09/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sinal_trafico.jpgMáis tarde ou máis cedo, todos os que conducimos nos facemos a nós mesmos a seguinte pregunta: estamos feitos de verdade para levar estes vehículos nunhas condicións mínimas de seguridade? Dito doutro xeito: quen non se viu algunha vez sobrepasado polas circunstancias da estrada e do exceso de circulación? Neste senso, unha boa parte do que se está a desenvolver a través da maridaxe entre tecnoloxía automobilística e dixital vai no camiño de poñernos algo así como a parte que nos faltaba para conducir ben. Medidas que nos axuden, en definitiva, a non facer o trosma en cruzamentos e rotondas, meténdonos cando non debemos no fluxo de tráfico ou esquecendo as limitacións dos sinais. É nesta liña onde se sitúa unha boa parte do traballo dun complexo de investigación cen por cen noso: o Centro Tecnolóxico da Automación de Galicia (CTAG).
Un dos seus máis recentes proxectos, avaliado estes días por La Voz, iría encamiñado precisamente á creación dun automóbil que poña a parte de intelixencia que nos falta aos condutores, e da seguinte maneira: achegando (entre outras innovacións) unha ferramenta de identificación de sinais que é quen de lelos, de advertirnos se os desatendemos e mesmo de deter o vehículo se continuamos coa teima de non facerlles caso.
O sistema, que se chama TSR (Trafic Signal Recognition) vai ser presentado este mes na feira de tecnoloxías na automoción e tecnoloxía de Munich (Fisita), que se vai desenvolver a partir do día 19. O equipamento que inclúe un coche con TSR é amplo e variado e tira partido en boa medida dos logros acadados en redes dixitais e máis en labores de posicionamento. Deste xeito, o automóbil habilitado polo CTAG incorporaría unha cámara no parabrisas para facer os recoñecementos do treito de estrada que teña diante (e que lle serven para identificar as malas manobras e poñernos sobre aviso), mapas dixitalizados e ferramentas GPS de localización e un sistema de radiofrecuencia que lle permite ao propio equipamento tecnolóxico comunicarse co coche e dirixilo se é preciso.
Por certo que todo apunta a que esta innovación en concreto do CTAG vai espertar interese abondo no encontro de Munich por parte dun bo número de fabricantes, tendo en conta que o sistema semella especialmente indicado para reducir o número de sinistros nas estradas e lanzar ao mercado coches máis seguros, arestora moi demandados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?