Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Stephen Hawking aposta pola novela xuvenil para introducir aos cativos na tecnoloxía e a ciencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Stephen Hawking aposta pola novela xuvenil para introducir aos cativos na tecnoloxía e a ciencia

Fernando Sarasketa
Publicado: 16/09/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

hawking_secreto_universo.jpgNunha das pasaxes máis significativas do último libro de Stephen Hawking (que vén de chegar a nós de mans da editorial Montena e co título La clave secreta del Universo), un cativo que leva anos devecendo por ter un computador para acceder ao coñecemento en liña e (tamén) para xogar ten que facer todo o que consideraba inimaxinable por salvar a vida dun personaxe sobre o que recae o futuro da Terra: un equipo informático especialmente potente. Este equipo, segundo nos conta Hawking na súa obra, é unha chave para chegar a calquera recanto do Espazo e, de xeito indirecto, unha canle de primeira orde para coñecernos a nós mesmos (posto que, segundo nos conta o autor, todos estamos feitos de estrelas).
Hawking, que estará en Compostela a partir do día 23 de setembro para –entre outras cousas- facer un pequeno treito do Camiño, ter un encontro coa comunidade científica e coa presa ao día seguinte e recibir o día 27 o Premio Fonseca 2008, aposta con esta novela acabada de publicar por subir un chanzo máis no seu labor de décadas a prol da divulgación científica e tecnolóxica. Só que a través dun formato diferente: o dun libro para a mocidade e para cativos, didáctico, moi ameno e, sobre todo, encamiñado a quitarlle ferro ao día a día de todas aquelas persoas que traballan en centros de investigación abrindo novas portas para o progreso científico.
Non é casualidade que o protagonista desta obra deveza por ter un computador e, ao mesmo tempo, medre nunha familia pacifista e antisistema que se sitúa en contra de calquera tipo de innovación. Hawking, coa axuda da súa filla Lucy (escritora de profesión), non toma partido directamente pero de xeito sutil lanza unha serie de ideas desas que fan abrollar entre os nenos a semente dunha carreira científica: así como a ciencia ten parte de culpa no que lle está a pasar ao mundo, tamén ten capacidade abonda para axudar a salvalo. Ou sexa, que é perfectamente compatible estar na Rede e ao mesmo tempo ser un activista a prol da liberdade, a paz e a conservación do medio ambiente.
Ao máis puro estilo Harry Potter (incluíndo un profesor malvado con diversas cicatrices), o científico e escritor probablemente non provocará entusiasmos entre os lectores máis experimentados, pero case seguro que gustará, e moito, a nenos e nenas cansos de que se lles fale dos logros da investigación e máis concretamente da física, da tecnoloxía e da astronomía coma se fosen unha sucesión de números e feitos e nada máis.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?