A sede da CRTVG vista dende a web de VieirosAs asociacións empresariais do audiovisual galego demandaban á Xunta que a CRTVG cumprise coa súa obriga de investir o 5% dos seus ingresos no apoio do sector, e dende Vieiros informan de que a CRTVG vén de publicar na súa web un plan de mínimos no que a Compañía se compromete a destinar entre 2008 e 2010 algo máis de 13 millóns de euros a precompras (dereitos de emisión sobre a versión galega e dereitos de explotación comercial) ou encargos de produción de longametraxes, películas para televisión e documentais, para o que publicarán a correspondente convocatoria durante o mes de outubro. Para 2009 se prevé un investimento de 5 millóns de euros, co que se pretende financiar a elaboración de pezas audiovisuais, dando prioridade ás obras que se graven en galego, con equipo técnico e artístico galego e en Galicia.