Xa vai rematando a conta atrás para o comezo dunha cita galega encamiñada a celebrar a conxunción de dous factores: o talento (enténdase o talento ceibe de grandes investimentos) e o emprego a esgalla das novas ferramentas tecnolóxicas de gravación, presentación e distribución. Falamos da segunda edición da Mostra Internacional de Videocreación do Condado (MIVICO 08), un encontro de creadores de seareiros que comeza este venres en Ponteareas e que se estende ata o domingo. Polo medio: presentacións de curtametraxes, videocreacións, documentais e (tamén) concertos.

Por certo, que a presentación da dita curtametraxe incluirá tamén unha mesa redonda e, xa máis tarde ao cabo da medianoite, dará paso a un concerto de Sean Riley and the Slowriders no Pub Flowers. Ao día seguinte, o certame continua co pase no serán (a partir de 18.00 horas) de ducias de curtas, seguidas xa na noitiña polo concerto de U-Clic no Salón Parrokial. Para máis información, cómpre visitar tamén o espazo en MySpace de MIVICO.
Vídeo promocional da II Mostra Independente de Videocreación de O Condado
Ponteareas tómalle o pulso á videocreación dixital
Compartir Este Artigo

