
Detrás desta iniciativa atópase o propio Goberno local en labores de promoción e máis a empresa Clearwire en tarefas de equipamento e posta en marcha. A idea, informan Elpais.com e máis Bandaancha.eu, é reforzar as infraestruturas que xa existen nunha nova rede, máis potente e con máis posibilidades de acceso dende todos os recantos da cidade. Segundo se fai constar no plan de implantación do Concello, esta infraestrutura contaría con 25 novos espallados por todo o espazo urbano e que estarían situados de xeito semellante ás antenas de telefonía, nos teitos dos edificios. Falando xa en termos máis técnicos, dicir que a rede achegaríalles aos malagueños uns 70 Mbps de velocidade de acceso.
A xuízo do Goberno local, non haberá atrancos por parte da CMT senón todo o contrario, tendo en conta que o propio concello xa non se pode catalogar nesta acción como tal, senón como operador en toda regra, do mesmo xeito que outros que traballan no mercado das telecomunicacións.
Sinalar que o paso dado polo Concello é a consecuencia dunha aposta previa: a que se fixo hai máis de un ano con FON pola vía do Wi-Fi.
Málaga aposta agora polo WiMAX a gran escala
Compartir Este Artigo

