Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Desenvolven faces virtuais con emocións, estados de ánimo e personalidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Desenvolven faces virtuais con emocións, estados de ánimo e personalidade

Fernando Sarasketa
Publicado: 24/11/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

faces_virtuais.jpgPaseniño, a realidade virtual vai deixando atrás todo aquilo que a limita. Ou sexa: todas esas cousas que non a deixan saír do que se podería considerar o ámbito da trapallada. A idea das/os investigadoras/es é dupla: por unha banda encamiñan o seu traballo cara a un estado de máxima semellanza co que nos rodea e, pola outra, cara a un escenario de diferenza. Os puntos en común, neste senso, serían o noso particular camiño de baldosas amarelas, ou, se se quere, aquilo que fai verosímil o virtual. Neste senso é onde está a traballar un equipo de investigadores da Universidade das Illes Balears (UIB), que segundo informa a Plataforma SINC, veñen de desenvolver un modelo por ordenador que permite xerar facianas nas que, por vez primeira, se visualizan emocións e estados de ánimo acordes cos trazos da personalidade.
O estudo, que se publica no último número da revista Computer Animation and Virtual Words, centra a súa novidade nesa arela de abranguer de xeito simultáneo tres factores: carácter, emoción e humor do momento, elementos que ata o de agora se viñan tratando de xeito separado. O resultado: un novo chanzo cara a consecuencia dunha realidade virtual cada vez máis rica e, tamén, cara o afianzamento dun eido investigador que aínda sofre do síndrome Curtocircuíto: o da robótica.
“O obxectivo deste traballo”, sinalan os responsables da Unidade de Gráficos e Visión por Ordenador da UIB, “foi deseñar un modelo que poña de manifesto os estados emocionais dun personaxe e a súa visualización nunha face virtual”, referíndose cando falan de emocións a conceptos como ledicia, medo ou abraio, alteracións do ánimo case instantáneas. Os deseñadores, que seguiron as teorías de Albert Mehrabian para fixar os rasgos de personalidade (extroversión, neurose, apertura, dilixencia e simpatía), usaron para o seu traballo a tecnoloxía do estándar de codificación de vídeo MPEG-4 co gallo de xerar imaxes. Os resultados da investigación, engade a Plataforma SINC, son positivos abondo: os estudantes que participaron na proba final recoñeceron con éxito o 86% das emocións e o 73% dos estados emocionais representados no computador.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?