Segundo unha enquisa realizada entre os empresarios asistentes ás Xornadas Empresas en Red celebradas na Coruña, “o 100 por cento dos asistentes quere implantar as novas tecnoloxías no seu negocio e o 61 por cento farao de xeito inmediato”.
Asemade, tódolos asistentes consideran que as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) “son beneficiosas para o seu negocio”.
A enquisa, realizada aos 55 empresarios asistentes, mostra que o 96 por cento dos mesmos conta cun ordenador na súa empresa e o 59 por cento dispón de conexión a Internet. Deste grupo, o 59 por cento dispón, asemade, de páxina web corporativa.
Os muestrario dos empresarios, autónomos e emprendedores que asistiron ás Xornadas representa aos principias sectores de actividade do tecido empresarial galego, os cales, se decantaron máis pola banca electrónica e o marketing en liña como as ferramentas TIC máis valoradas.
En canto á implantación dos sistemas de xestión de clientes (CRM), un 30 por cento xa usa esta ferramenta e un 91 por cento considéraa útil. No que respecta ás solucións móviles de acceso á Rede, un 33 por cento dos empresarios enquisados xa a usan e atópanlle utilidade un 80 por cento.
En xeral o grao de satisfacción das xornadas foi positivo e a valoración global das mesmas (por parte dun 89 por cento dos asistentes) foi de “boas ou moi boas”.
Balance positivo das Xornadas Empresas en Red, celebradas
Compartir Este Artigo

