Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto de valenciano Carlos Meri gaña o concurso para a construción do novo CESGA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto de valenciano Carlos Meri gaña o concurso para a construción do novo CESGA

Fernando Sarasketa
Publicado: 01/12/2008
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

cesga_sionlla.jpgO Centro de Supercomputación de Galicia, situado actualmente no Campus Sur de Santiago de Compostela, vai contar en breve cun novo emprazamento. Precisamente deste traslado dos equipos humanos técnicos e das características xerais que terá o novo edificio veñen de falar perante os medios informativos o conselleiro de Industria, Fernando Blanco, e máis o coordinador institucional do Consello Superior de Investigacións Científicas en Galicia, Uxío Labarta. Ámbolos dous representantes do tecido público da innovación coincidiron na importancia estratéxica para a investigación galega deste novo chanzo na traxectoria do CESGA e, máis polo miúdo, para os labores vinculados ao cálculo intensivo e ás comunicacións avanzadas (predición de incidencias do clima, loita contra doenzas, axuda na produción de fármacos, etc).
O encontro cos medios tamén serviu para dar a coñecer o nome do arquitecto encargado dos traballos vindeiros de elaboración do proxecto da nova sede: o valenciano Carlos J. Meri Cucart, quen tamén estivo no acto celebrado en Compostela e que resultou gañador do certame de ideas convocado para tal efecto, optando agora á redacción do proxecto técnico e á dirección de obra do edificio.
Por certo que o segundo galardón foi dar ao estudo de arquitectura coruñés Collarte Architects Studio, recaendo os tres accésits en Estudio Santos Zas & Graíño Nieto Arquitectos; David Ferrero Antón & Pablo Palomino-Llaguno Calvo e Irisarri-Piñera.
Segundo informa a Consellería de Innovación o xurado estivo composto por representantes do CESGA, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e varios vocais designados a proposta do CESGA, do COAG, da Consellaría de Vivenda e Solo e dos propios concursantes. O proxecto de Meri resultou gañador, sinalou o xurado, “pola súa calidade arquitectónica e a súa integración na paisaxe, a funcionalidade e accesibilidade do edificio, así como pola flexibilidade e versatilidade da proposta espacial”. Polo que respecta ao segundo premio, o equipo responsable do certame salientou “a distribución espacial xeral, a súa distribución en dous bloques e o esforzo por aportar solucións para a ordenación da tecnoloxía”. Por último, dos tres accésits o xurado apuntou ao valor arquitectónico dos conxuntos.
Polo que respecta aos apoios orzamentarios, dicir que o novo edificio do CESGA contará cunha partida de 25,5 millóns de euros, en boa medida achegados polos fondos FEDER. Esta contía será destinada -entre outras actuacións- á compra do terreo (no polígono industrial da Sionlla), a execución da obra e a dotación tecnolóxica do novo complexo. A Consellería de Innovación e o CSIC actúan neste proxecto como socios-propietarios do centro, situándose os prazos de execución da obra nun período de dous anos a partir do remate dos trámites administrativos arestora en curso.

Características do edificio

O edificio, que estará situado no Parque Empresarial de Santiago de Compostela na Sionlla (Santiago), ocupará unha superficie construída de 3.904 m2 e terá capacidade abonda para dar acollida a máis de 200 investigadores e tecnólogos que traballen no novo CESGA, que incluirá o Centro como Infraestrutura Científico Tecnolóxica Singular do Estado e o Centro de Investigación de Excelencia en Ciencia Computacional.
As dependencias, engade a Consellería de Innovación, están deseñadas para ser obxecto de máis que posibles ampliacións, tanto por requirimentos propios do CESGA como para poder aloxar novos centros e institucións de I+D+I.
A proposta gañadora estrutúrase en dúas edificacións que ocupan a cuarta parte da superficie da parcela. O edificio contará con espazos de usos comúns, como o auditorio, biblioteca, salas de xuntas, gardería, cafetaría e conserxería, coa finalidade de compartir custos operativos en previsión das ampliacións e novas construcións que se produzan.
Así mesmo, o edificio principal terá 3 andares e destinarase aos espazos específicos do centro que inclúen as actividades propias do CESGA. Neste emprazaranse as infraestruturas de supercomputación, que disporán dunha superficie de 840 m2, e as áreas de despachos e traballo en diferentes módulos que garanten a versatilidade e luz natural grazas aos patios interiores e a súa orientación leste. Así mesmo, disporá de paneis solares e espazos libres axardinados.

O arquitecto

O arquitecto valenciano Carlos Meri é responsable –entre outros edificios de gran interese diseminados polo territorio español– de obras como o Instituto de Ondara, o Colexio Público en Picassent, a Cidade da Xustiza de Murcia, o Centro Cultural de Albacete, o Centro de Discapacitados en Sagunto ou o Paseo Elevado no Porto de Valencia. Asemade, foi declarado gañador no concurso para o Edificio das Artes do Campus de Pontevedra. Meri, un arquitecto que segundo os especialistas en nova construción basea unha boa parte dos seus traballos na súa dimensión máis humana e na importancia de integralos no conxunto no que se insiren, apoiou recentemente a campaña levada a cabo en Valencia para a preservación do barrio de El Cabanyal, un enclave de importancia histórica e artística que se converteu os meses pasados nun símbolo do patrimonio ameazado polo progreso a toda costa e que, finalmente, semella que perdeu a partida. E perdeuna con quen supostamente debía preservalo: o Concello.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?