Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica e Dygra lanzan unha campaña publicitaria sobre tecnoloxía dixital 3D
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica e Dygra lanzan unha campaña publicitaria sobre tecnoloxía dixital 3D

Fernando Sarasketa
Publicado: 02/12/2008
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

dygra_movistar.jpgSe o pesadume económico ten relación directa coa maré de ladrillo que asolaga unha boa parte do mundo, o optimismo virá neste intre dende o polo contrario. Para Manolo Gómez, director da firma galega Dygra, a fonte de boas perspectivas de desenvolvemento está ben localizada por unha boa parte da sociedade do noso país. A crise, que ben pode significar un cambio de ciclo, tamén é posible que sexa un xeito de mudalo todo para que mellore. Esta fonte, que ten que ver coñecemento e coa imaxinación, coa creatividade (o máis exportable dos produtos), é a xuízo de Gómez unha parte fundamental do acordo presentado hoxe en Compostela entre a empresa que dirixe e Telefónica Movistar.
O acordo, que nun principio abrangue actividades conxuntas ata 2010, xa está comezando a dar froitos neste intre. Sen ir máis lonxe, calquera cidadán galego que teña un televisor poderá albiscalos hoxe pola noite en todas as cadeas en primeira liña de visión. Trátase do spot publicitario da operadora para este Nadal, unha peza que xa se pode ver en YouTube e que a maiores constitúe a primeira experiencia publicitaria elaborada con tecnoloxía Dixital 3D para o cinema no eido do territorio estatal. A responsabilidade de Dygra na fabricación do spot, que se proxectará en formato estereoscópico en 32 salas españolas, non pode ser máis ampla: da empresa galega son a feitura, a tecnoloxía e os personaxes, a achega innovadora en definitiva.
Por certo que o nivel de alcance da peza publicitaria tamén semella ter amplitude. De feito, inclúe un plan de comunicación 360º que situará o spot en todo tipo de soportes: TV, cinema, radio, prensa, publicidade exterior, Internet, SMS ou MMS. Por se isto fose pouco, cómpre ter en conta a presenza internacional de Telefónica, activa arestora en máis de 20 países, o que significa fóra de toda dúbida un pulo extra para as actividades estratéxicas de Dygra e, a xuízo de Manolo Gómez, para toda a industria galega do sector
Argumento
A presentación do spot, que contou no Club Internacional de Prensa de Santiago coa presenza do devandito Manolo Gómez e máis de José Ángel Veiga, director territorial de Telefónica en Galicia e Asturias, tivo o seu propio argumento. En boa medida, foi unha breve historia de superación de dificultades, todas elas achegadas polas malas condicións climáticas e polos retrasos ocasionados entre uns e outros participantes na presentación. Porén, o acto de posta en longo puído saír adiante e os medios mantiveron contacto directo coa campaña que se estrea hoxe nas televisións e co seu argumento: unha especie de loita entre tradicións do Nadal, a de Papá Noel e os Reis Magos, que rivalizan entre eles “de xeito cómico e respectuoso” para ver quen dá entregado o mellor agasallo. O spot, que como é natural inclúe alusións directas á operadora (as dúas partes encontradas queren traballar para Movistar), contou en labores de dobraxe con actores como Anabel Alonso, Iván Muelas (que é a voz habitual de Will Smith) ou Pepe Mediavilla (que dobra decote ao actor Morgan Freeman).
Máis detalles sobre o achegamento
O achegamento entre Telefónica Movistar e Dygra complétase cun terceiro apoio: o que veu da man da axencia McCann, fundamental segundo indicaron Gómez e Veiga á hora de poñer en contacto ás dúas empresas e desenvolver a creatividade entre os personaxes como prescriptores da promoción que a operadora ten desenvolvido para os seus usuarios este vindeiro Nadal. O pacto presentado hoxe, que non é novo (as compañías, como subliñou Gómez, veñen colaborando anos) serviu tamén para afondar nos detalles dun desenvolvemento innovador, a tecnoloxía Dixital 3D estereoscópico, que fundamenta en boa medida o presente e o futuro de Dygra no eido da animación.
Nova tecnoloxía en 3D
Como dixemos, durante o acto falouse abondo dun dos principais piares do anuncio presentado: a tecnoloxía estereoscópica que emprega. Esta característica vai ser especialmente visible a partir da estrea nos cinemas da campaña de Movistar prevista para o día 19 de decembro. “O público das 32 salas nas que se proxectará con esta tecnoloxía dixital”, sinalaron Dygra e Movistar, “recibirá unhas lentes polarizadas especiais que lles permitirán visualizar de xeito correcto a creatividade”. Co sistema, engaden, o espectador recibe dúas imaxes ao mesmo tempo, unha para cada ollo, que o cerebro se encarga de interpretar e converter en tres dimensión grazas ás lentes devanditas.
Holy Night: o novo de Dygra
Durante a presentación celebrada no Club Internacional de Prensa, Manolo Gómez achegou unha serie de detalles sobre os camiños a seguir pola empresa que dirixe en materia de animación e compromiso tecnolóxico. Máis polo miúdo, falou de Holy Night, a película en 3D que ten prevista a súa estrea para o Nadal do ano vindeiro e que constitúe a gran aposta de Dygra polo dixital estereoscópico, unha técnica que a xuízo de Gómez vai ser o gran acontecemento cinematográfico mundial dos anos próximos, sendo o dito filme galego o primeiro a nivel europeo en vir apoiado sobre este soporte. Porén, Dygra semella quere apostar por un emprego xustificado desta tecnoloxía: “Para nós é unha ferramenta ao servizo da narración, non ao servizo do simple espectáculo”, subliñou Gómez.
En certa maneira, o anuncio presentado en Compostela constitúe un avance doutra presentación: a do novo camiño de Dygra á procura de expresións e formatos innovadores. Asemade, engadiu o director do selo galego, estamos a falar dun camiño no que hai compañeiros inesperados de viaxe: as industrias das telecomunicacións e das novas tecnoloxías da información. Neste senso, falar de que o audiovisual e as redes da comunicación están condenadas a atoparse é non dicir nada novo. A realidade vén deste xeito: uns precisan dos outros e viceversa. Os tempos, neste senso, corren as présas: “Hai 10 anos, a metade do mundo nunca fixera unha chamada, e hoxe en día a metade do planeta xa ten móbil”, sinalou Gómez, e engadiu: “E Galicia ten que entrar xa nesta nova revolución”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?