Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arranca a campaña publicitaria que promove o TDT como agasallo de Nadal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arranca a campaña publicitaria que promove o TDT como agasallo de Nadal

Raquel Noya
Publicado: 03/12/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

campana_TDT.jpgO Ministerio de Industria vén de por en marcha a nova campaña de comunicación sobre a Televisión Dixital Terrestre (TDT), que busca converter a TDT no agasallo tecnolóxico “para todos neste Nadal”.
A campaña, que arrancou onte martes 2 de decembro, ten tres obxectivos principais, que son (segundo os seus responsables): “incrementar a penetración da TDT nos fogares españois e entre a cidadanía, fomentar o coñecemento das súas vantaxes e utilidades e incrementar o número de edificios e fogares coa antena adaptada para a recepción da TDT”.
O “concepto creativo” da campaña está baseado en buscar a anticipación na adquisición dos agasallos de Nadal polo que a mensaxe que se transmite é: “que non te pille o toro, este Nadal, regala TDT”.
A campaña conta cun presuposto de 6 millóns de euros e estenderase dende hoxe ata o vindeiro día 5 de xaneiro, con presenza nos seguintes soportes: televisión, radio, prensa gráfica, Internet (a través da web www.quenotepilleeltoro.es) e no exterior con vallas e carteis.
Cun ton fresco, próximo e divertido, nos anuncios dos distintos soportes da campaña a posible solución ao feito de deixar a adaptación á TDT para o último momento móstraa unha persoa que, vivindo en España e querendo ao país, non é español. No caso dos anuncios para televisión, que xa puidemos ver na tarde de onte, é un arxentino quen lle abre os ollos aos cidadáns para que se adapten canto antes á TDT.

Fases do Plan de Transición á TDT

O Plan Nacional de Transición á Televisión Dixital Terrestre establece 90 proxectos de transición que, en conxunto, abarcan a totalidade do territorio do Estado. O calendario de cese de emisións analóxicas dos referidos proxectos de transición determinouse diferenciando os mesmos en tres grupos:
-Primeiro grupo (Fase I): aqueles proxectos de transición que, tendo unha poboación inferior a 500.000 habitantes, contan cun alto porcentaxe de cobertura en TDT e precisan un número reducido de centros para acadar unha cobertura similar á analóxica.
-Segundo grupo (Fase II): aqueles proxectos de transición cunha poboación intermedia (entre 500.000 e 700.000 habitantes).
– Terceiro grupo (Fase III): aqueles proxectos de transición con poboación moi elevada (máis de 700.000 habitantes) e/ou que precisan da instalación dun número importante de centros para acadar unha cobertura similar á analóxica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?