Tal e como apuntamos onte, a ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, Elena Espinosa, foi a encargada de presidir o acto conmemorativo do primeiro aniversario da web Alimentacion.es; un evento que contou coa participación do xornalista e presentador, Manu Carreño, quen conduciu o acto coa soltura e a naturalidade que o caracteriza.
A canle de televisión de Alimentacion.es retransmitiu o evento en directo e nel, puidemos ver como os protagonistas lle daban un repaso ás principais accións desenvolvidas no portal ao longo do último ano.
Asemade, e tal e como era de agardar segundo as previsións, os responsables da web deron a coñecer as novidades coas que se pretende dar pulo a este portal e porén, fixeron a presentación oficial da nova mascota, Marmy, un simpático paxaro que na nova imaxe da web contará unha sección de consellos diarios para os visitantes.
Os asistentes tamén pudieron comprobar o funcionamento da nova ferramenta de xeorreferenciación de produtos de calidade diferenciada e as novas seccións do portal que lle dan ao mesmo un toque de orixinalidade cunhas pingas de actualidade e expontaneidade. Tales sección son un blog de alimentos con monográficos de produtos (arroz, cordeiro, alcachofa…), receitas de cociña…
O evento contou, asemade, coa presentación das novas campañas institucionais do Marm: Selos con Garantía de Orixe e Tradición, Verdura, tamén Ultraconxelada e Froitas e Verduras de Tempada.
O aniversario de alimentacion.es seguiuse en directo pola televisión da web
Compartir Este Artigo

