Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Péchase en Lugo a xira do cabaré científico de Chévere
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Péchase en Lugo a xira do cabaré científico de Chévere

Raquel Noya
Publicado: 05/12/2008
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

O_grupo_Chevere_na_preparacion_da_obra_Ala_no_fondo_hai_sitio_abondo.jpgPéchase en Lugo a xira do cabaré científico de Chévere A soada xira que o Cabaré Científico SOS Planeta Terra levou a cabo por toda Galiza e Asturias nas últimas semanas con motivo da Semana da Ciencia, chega á súa fin este venres, día 5 de decembro, en Lugo, coa súa última representación no Auditorio Municipal Gustavo Freire ás 20:30 horas.
Como viñemos lembrando ao longo das pasadas semanas, a Semana da Ciencia trátase dunha cita anual de referencia no ámbito europeo para achegar a ciencia e a tecnoloxía máis divulgativa á sociedade e en Galiza estivo coordinada pola Consellaría de Innovación e Industria en colaboración con FECYT, Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia e Innovación, que coordina o evento no ámbito estatal. Neste marco, o Cabaré Científico é unha das actividades estrela do programa e este ano desenvolveuse baixo o título de SOS Planeta Terra, a fin de concienciar aos asistentes da necesidade de coidar o medio ambiente se non queremos un tráxico final para o noso planeta.
O espectáculo consiste nunha representación escénica que combina varias expresións artísticas arredor do tema da ciencia e que vai destinada a un público adulto. Este Cabaré baséase nun formato que desenvolve en Galiza, dende 1922, a compañía Chévere: a Ultranoite.
Trátase dun espectáculo híbrido no que participan artistas de diversas disciplinas: teatro, música, danza, maxia, malabares, vídeo… facendo todo tipo de números sobre o tema proposto, neste caso as Ciencias da Terra xa que 2008 foi declarado Ano Internacional do Planeta Terra pola Unesco.
A partir de aí sucederanse sobre o escenario todo tipo de números musicais e teatrais que utilizan a maxia, o circo, o mimo, a palabra e, sobre todo, o humor, a parodia e a irreverencia para comunicar ao público unha serie de temas con substrato científico que afectan á saúde do Planeta, para ben e para mal: o quecemento global, a reciclaxe, as enerxías renovables, o cambio climático, a biorremediación, a escaseza de auga, a pegada ecolóxica, a biocapacidade, etc.
O elenco estará formado por Manuel Cortés, Patricia de Lorenzo, Xron, Arantza Villar, Clara Gayo, Pepa Yáñez, Iria Pinheiro, Pablo Trasno, Fredi, Mago Romarís, Duelirium (Raquel, Merche), César Goldi; polos músicos Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo), Max Gómez (batería), Manuel Cebrián (violín, guitarra) e os vídeos de José Luis Sierra Pilo.
Na imaxe, o grupo Chévere, na preparación da obra Alá no fondo hai sitio abondo, do pasado ano 2007.
Os datos da xira

A iniciativa do Cabaré Científico tivo unha primeira fase en outubro coa celebración dun Obradoiro de Cabaré na Sala Nasa de Santiago, na que artistas e científicos puxeron en común as súas ideas sobre como difundir mellor a ciencia. A segunda parte do Cabaré, a xira, comezou na Sala Nasa de Santiago os días 6, 7 e 8 de novembro, onde acadou cheo de público nas tres representación. Despois de ser representada en Pontevedra o día 14, a xira continuou en Ourense o día 15 e en Ferrol o día 29 de novembro. Ademais, a xira tivo continuidade en Asturias con representacións en Avilés (día 19); Cangas del Narcea (día 20); Gijón (día 26) e Oviedo (día 27).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?