Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia Profunda anima á comunidade web galega a elixir ao seu friki preferido
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia Profunda anima á comunidade web galega a elixir ao seu friki preferido

Fernando Sarasketa
Publicado: 12/12/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

John Balan, Wladimir Dragossan, Cañita Brava e José Tojeiro son os máximos expoñentes de freaks galegos
John Balan, Wladimir Dragossan, Cañita Brava e José Tojeiro son os máximos expoñentes de freaks galegos
Se houbese unha liña máis ou menos clara entre un comportamento humano estándar e os diferentes camiños do proceder insólito, os personaxes que engrosan estes días o miolo da web Galicia Profunda teríana cruzado un día si e outro tamén. Practicamente, e para algúns destes casos concretos de actividade social anti-globalizadora (polo que ten de defensa do particular perante o uniforme, do individuo fronte á colectividade que é idéntica), estamos a falar de xente á que xa non lle interesa para nada recuar cara ao que poderíamos entender como lado corrente da liña. A nosa terra non é unha excepción disto: exemplos de comportamentos que exceden as supostas normas hainos a esgalla, e sen que sexa preciso írmonos cara ao mediático: todo o mundo ten no seu barrio, vila ou aldea a alguén afeito a cruzar a devandita raia.
Para Galicia Profunda, como dixemos, é importante facerlles unha homenaxe, de aí o lanzamento na Internet dos Premios 100% Friki Galego, unha oportunidade para (en palabras dos propios organizadores) achegar a estes colectivos un recoñecemento máis que merecido. Para esta primeira convocatoria, sinalan, xa hai catro categorías establecidas: o friki galego por antonomasia (“o rei de reis do frikismo céltico”), o político máis peculiar, a nova galega máis estraña do que vai de 2008 e o vídeo galego máis impactante dos pendurados na Rede.
Os internautas que estean interesados en participar xa poden deixar o seu voto o comentario no blog de Galicia Profunda ou ben enviando un correo á conta galiciaprofunda@gmail.com. Por certo que os responsables do certame queren tirarlle o máximo partido á participación: sortearase entre os internautas que envíen achegas unha postal electrónica e máis unha camiseta que inclúan unha montaxe co friki galego por antonomasia que saia finalmente escollido. A iniciativa, que aparece estes días referenciada na comunidade Chuza!, inclúe (para poñérmonos ao día antes de votar) vídeos de personaxes senlleiros da heterodoxia galega, como Cañita Brava ou o recentemente desaparecido John Balan, representante máximo dun xénero artístico de vangarda que el mesmo inventou: o surrealismo-western.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?