A asociación empresarial Ineo segue a dar conta das principais ferramentas e recursos para incrementar a capacidade de medre das empresas galegas, con independencia do sector ao que pertenzan. Máis polo miúdo, a entidade con sede na Zona Franca de Vigo ten previsto presentar o vindeiro 17 de decembro ás 16.30 a Análise de factores de competitividade. O encontro cos medios e cos representantes do tecido empresarial galego celebrarase na sede de Ineo, na Área Portuaria de Bouzas, e contará coa presenza de Jorge Cebreiros, presidente da asociación; José Ramón Fernández Antonio, conselleiro de Economía; Álvaro Álvarez Blázquez, director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e Teresa Pisano Avello, delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo.
Para máis datos, cómpre poñerse en contacto coa entidade empresarial organizadora a través do teléfono 902 905 510 ou da conta de correo electrónico comunicación@ineo.org.
Ineo publicará unha escolma de recursos para incrementar a produtividade
Compartir Este Artigo

