Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Microsoft pon á venda o seu Windows contra a SIDA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Microsoft pon á venda o seu Windows contra a SIDA

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/12/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

windows_vista_red.jpgA sombra de Bill Gates en Microsoft semella ben longa. Tanto que non só ten influenciado arreo na liña produtiva da multinacional ao longo dos moitos anos en que estivo á súa fronte, senón mesmo cando xa non está á súa fronte. E sobre todo no que parece ser unha continuidade da empresa no eido humanitario, principal actividade de Gates arestora. Desta volta, a compañía de Redmond está a centrar o seu labor activista en África, máis polo miúdo nos países e sociedades onde máis se está deixando notar a pegada devastadora da SIDA. A iniciativa puntual de Microsoft, que se insire na campaña RED, require da participación dos seus clientes: logo da devandita data, quen merque o Windows Vista Ultimate (Product) RED colaborará coa loita da empresa contra a doenza e sen ningún custe adicional. De feito, é a firma quen se compromete a achegar unha porcentaxe dos seus ingresos á Fundación Global.
Segundo informa a compañía, este máis que ningún outro é o intre axeitado de sermos solidarios, e quen queira pode facelo a partir de hoxe a través da compra deste produto en Amazon.com ou pola vía das tendas Dell, empresa que tamén colabora na iniciativa.
Polo que se refire á campaña en si mesma (de nome RED), dicir que nela non só participa Microsoft, senón outras empresas de peso como Apple, Armani, Converse ou American Express, xunto cunha listaxe de 14 plataformas humanitarias contra a SIDA e outras plataformas e personaxes públicos de renome. A proposta funciona así no seu eido comercial: as compañías participantes comprométense a doar a metade do prezo de cada unidade vendida. Calcúlase que a firma fundada por Bill Gates achegará máis de 115 millóns de dólares aos programas dirixidos pola Fundación Global. A idea é que estes cartos sexan investidos no acceso á educación, a nutrición, os servizos médicos e os medicamentos dos enfermos de VIH.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?