Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O xogo Cativadas rexorde na Rede da man de Opaco
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O xogo Cativadas rexorde na Rede da man de Opaco

Fernando Sarasketa
Publicado: 17/12/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cativadas_ratinha_lola.jpgO xogo Cativadas, no que unha ratiña virtual (Lola) lles aprendía aos internautas de curta idade (e aos maiores tamén) diferentes coñecementos prácticos sobre as redes, a informática en xeral e o galego, volve ás andadas. E faino da man de Opaco, con melloras, dispoñibilidade en liña total e un novo enderezo. O regreso da proposta, que se está a celebrar en Chuza! cunha longa serie de comentarios, foi por dicilo así o retorno dun retorno, xa que (polo que contan os chuceiros), xa hai tempo que se vén reanimando á ratiña Lola e desde o mesmo espazo en liña. Cómpre sinalar que o xogo Cativadas, polo menos na súa dispoñibilidade, remóntase a comezos do 2005, cando foi presentado como unha páxina web (www.cativadas.com, arestora non operativa na Rede) intermediaria entre mestres, rapaces e pais, dándose a coñecer tamén en modalidade CD (repartíronse uns 10.000 exemplares en tódalas gardarías de Galiza).
O alicerce do xogo, amais da súa vontade de achegar coñecementos tecnolóxicos básicos para as nenas e nenos de menos de tres anos, non é outro que Lola, a ratiña que axuda -entre outras cousas- a ir desenvolvendo unha actividade favorable de cara ao futuro uso das ferramentas da Sociedade do Coñecemento.
Dito doutro xeito: trátase dunha proposta para alfabetización dixital temperá que prepara o camiño cara un escenario, o da Educación Infantil e Primaria, cada vez máis inzado de recursos informáticos. Por certo que na revista en papel Código Cero publicamos no seu día un artigo sobre a iniciativa que podemos ver xa neste pdf.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?